Toda asociación precisa duns estatutos polos que guiarse na súa actuación e na toma de decisións por parte dos seus órganos.
Para a elaboración destes estatutos, realizamos un exhaustivo estudo de diferentes estatutos dalgunhas das asociacións de funcionarios integradas en FEDECA, tales como as de Administradores Civís do Estado, Avogados do Estado, Diplomáticos españois, Enxeñeiros de Camiños do Estado, así como doutras asociacións de ámbito autonómico, como a dos letrados da Xunta, tratando de axuntar as cuestións comúns a todos eles así como as previsións sinaladas desde a Consellería de Presidencia para o seu pleno encaixe coa Lei orgánica reguladora do dereito de asociación.
O froito deste traballo son os estatutos finalmente aprobados na Asemblea do 16 de decembro de 2013 mediante a que se constituiu a Asociación de Funcioanrios do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia (AgrupA)
O texto dos estatutos articúlase en cinco capítulos, dos que se poden destacar, como cuestións máis destacadas, as seguintes:
1. Quen pode ser membro da asociación;
2. Que fins se perseguen con ela;
3. De que órganos se compón, con especial referencia á súa Xunta Directiva.
4. O sistema de elección da Xunta Directiva
En canto á condición de membro, a asociación estará formada por funcionarios de carreira do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia non encadrado en ningunha escala, calquera que sexa a situación administrativa na que se atopen, e mesmo, con voz pero sen voto, os membros do Corpo xubilados.
Polo que respecta aos fins perseguidos pola asociación, estes coinciden cos recollidos no ideario que serviu como punto de partida para a constitución de AgrupA e que se atopa á vosa disposición neste enlace https://corposuperior.es/ideario/
En particular, queremos destacar entre os fins:
– Defender os dereitos e intereses dos seus membros, mediante a toma de posición ante as cuestións que nos afecten e, no seu caso, mediante o exercicio das accións xudiciais se acorden pola Asemblea Xeral.
– Defender o réxime consitucional da función pública.
– Poñer en valor a nosa función dentro da Administración Pública e a nosa condición de expertos en múltiples materias.
– Servir de interlocutor, e colaborar coa Administración Pública autonómica nas cuestións que nos afecten e para a súa mellora.
– Servir de plataforma de comunicación e solidariedade entre os asociados para o seu mellor desempeño e o desenvolvemento da súa carreira profesional.
E, en relación cos órganos que compoñen a asociación, os órgnanos de goberno e administración son a Asemblea Xeral (da que formarán parte todas as persoas asociadas) e a Xunta Directiva (que estará composta por un número de membros, entre 5 e 9, elixidos por un período de 2 anos mediante o sistema de listas pechadas).
Optouse polo sistema de listas pechadas en aras a lograr unha maior cohesión e unidade dos membros da Xunta na toma de decisións, para dotala dunha maior operatividade e fortaleza como interlocutor.
Con todo, queremos que a Asociación sexa unha organización viva, que sirva de plataforma para o fomento das iniciativas dos seus socios, polo que no artigo 9.2 dos Estautos, prevemos que poidan crearse outros órganos ou grupos de traballo para a realización das actividades que se propoñan, así como órganos territoriais, para garantir a presenza e servizos da Asociación aos socios localizados nas Xefaturas Territoriais.
No seguinte enlace tedes acceso tanto aos Estatutos orixinais da asociación, aprobados na Asemblea constitutiva
ESTATUTOS GRUPO A1-version 16.12.13 final-GALIII
ESTATUTOS GRUPO A1-version 16.12.13 final-CASTIII
Como aos actuais Estatutos tras as modifcacións operadas na Asemblea ordinaria de 30 de marzo de 2017
No Comment! Be the first one.