A Unión Europea ven de publicar no DOUE do 15 de decembro de 2023 o Regulamento (UE) 2023/2831, do 13 de decembro, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE ás axudas de minimis, e que derroga o Regulamento (UE) Nº 1407/2013.
Este Regulamento entrará en vigor o día 01/01/2024 e será aplicable ata o 31/12/2030.
A principal novidade é que incrementa o límite máximo das ayudas de minimis que unha única empresa pode recibir por Estado membro en calquera período de tres anos ata os 300.000 EUR. Este límite máximo reflicte a inflación rexistrada desde a entrada en vigor do Regulamento (UE) n.o 1407/2013, así como a evolución prevista para o período de validez do presente Regulamento.
Explica qué debe entenderse por empresa, sinalando que o Tribunal de Xusticia xa ditaminou que todas as entidades que estén controladas (de feito ou de dereito) por unha misma entidade deben considerarse unha única empresa.
Engade que a Comisión, para determinar qué se entende por “empresas vinculadas”. Estos criterios deben apliacarse tanto ás pemes como ás grandes empresas, e deben garantir que un grupo de empresas vinculadas se considere unha única empresa a efectos da aplicación da norma de minimis.
O período de tres anos debe evaluarse de forma continua. En cada nova concesión dunha axuda de minimis debe tenerse en conta o importe total das axudas de minimis concedidas nos tres anos previos.
As axudas de minimis consideraranse concedidas no momento no que se confira á empresa o derecho legal a recibir la axuda en virtude do réximen xurídico nacional aplicable (notificación da resolución de concesión), con independencia da data de pago da axuda de minimis á empresa.
O límite máximo establecido aplicarase sexa cal sexa a forma da axuda de minimis ou o obxectivo perseguido pola mesma e con independencia de que a axuda concedida polo Estado membro se financie total ou parcialmente mediante recursos da Unión.
No caso de fusións ou adquisicións de empresas, todas as axudas de minimis concedidas anteriormente a calquera das empresas que se fusionen teranse en conta para determinar se a concesión dunha nova axuda de minimis á nova empresa ou á empresa adquiriente supera o límite máximo establecido.
No Comment! Be the first one.