O Tribunal Supremos ven de confirmar a súa xurisprudenza pola que rexeita que os interinos que teñen unha ligazón coa Administración de anos logo de unir varios contratos ao longo do tempo.
A pretensión deste colectivo de acadar unha relación de fixeza ou funcinarial de carreira como contraprestación a práctica habitual das administracións públicas de non convocar ou resolver os procesos con celeridade, xa tivo éxito perante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea en diversos pronunciamentos que a súa vez contradecían outros do propio Tribunal Supremo.
En dúas recentes sentenzas do 25 de febreiro de 2025, indica que a cláusula 5 do Acordo Marco anexo á Directiva europea sobre o traballado temporal non esixe a conversión dun interino a funcionario de carreira como solución ao abuso da contratación, senón que pode selo sempre que non se opoña a iso o Dereito nacional. E aquí, di o Supremo, oponse a Constitución.
O Tribunal Supremo reitera a previsión constitucional de que o acceso á función pública se someta aos principios de mérito, capacidade e igualdade.
A confrontación de criterios entre ambos tribunais está pendente dun novo capítulo cando o alto tribunal europeo decida a cuestión prexudicial formulada sobre esta cuestión polo Tribunal Supremo o pasado maio de 2024.
Outro pronunciamento non menos importante é a limitación da indemnización dos interinos a 20 días por ano traballado e un máximo de doce mensualidades.
No Comment! Be the first one.