A Fundación Galicia Europa anuncia que está aberto o prazo de solicitude das axudas para asistir en Bruxelas á vindeira edición do curso de especialización en financiamento europeo “TecEuropa“, que terá lugar entre o 23 e o 26 de xuño de 2025.
O número de prazas total é de 20 persoas, que poderán beneficiarse destas achegas para sufragar a viaxe e a estadía en Bruxelas durante a formación.
As axudas están dirixidas ao persoal de entidades públicas e privadas galegas e concederanse en réxime de concorrencia competitiva, cunha achega máxima de 750 € por participante. A asistencia ás actividades do curso é gratuíta.
Para solicitar as axudas premendo na seguinte ligazón.
O prazo remata o vindeiro 21 de abril.
Para aquelas persoas interesadas no curso pero que non se poidan desprazar a Bruxelas, haberá tamén a posibilidade de asistencia en liña para unha boa parte das sesións.
No Comment! Be the first one.