A EGAP ven de convocar o prazo de matrícula para as actividades de formación dixital para empregos públicos da Administración Xeral da Xunta de Galicia.
As actividades se organizan en conxuntamente coa AMTEGA e forman parte tanto do Marco galego de competencias dixitais Comdix como os cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos.
O prazo de matrícula comeza o día 8 de marzo e finaliza o 14 de marzo para ambas convocatorias.
Nestas convocatorias pódese obter coñecementos sobre competencias dixitais como implantación da protección de datos na Administración ou ferramentas de administración dixital.
Os requisitos de acceso e requirimentos técnicos pódense consultar nas distintas convocatorias publicadas no DOG de hoxe venres 7 de marzo ou nos arquivos que se achegan.
No Comment! Be the first one.