A Asociación chegou a un acordo coa Unión de Artesanos para ofrecer a todas as persoas asociadas e familiares directos (fillos/as e cónxuxe) as mellores condicións posibles no seu seguro de saúde.
A Unión de Artesanos é unha entidade de mutualización de seguro de saúde con máis de 100 anos de actividade, que dispón dun dos cadros médicos máis completos de Galicia.
A oferta para todas as persoas asociadas mentres o convenio estea en vigor é de tres meses gratis de seguro con extensión aos familiares directos da persoa asociada que decida incluir o servizo para estes.
Podedes solicitar información adicional nas oficinas da Unión de Artesanos (Rúa Xeneral Pardiñas, 9-11, entreplanta de Santiago) no teléfono 981 56-28-58 ou na súa páxina web www.unionartesanos.com
Para acceder as vantaxes debedes estar de alta como asociados e estar ao corrente no pago das cotas establecidas. A condición de asociado se acredita cunha certificación que nos debedes solicitar por correo a corposuperior.santiago@xunta.es

No Comment! Be the first one.