Traemos un artigo do profesor César Gallastegi Aranzaba, publicado recentemente na Revista Vasca de Gestión de Personas y Organizaciones Públicas.
En palabras do seu autor, o obxectivo deste artigo é ofrecer unha visión xeral da avaliación do desempeño, mediante o repaso do seu réxime xurídico e o tratamento que recibiu pola xurisprudencia, así como a identificación dalgunhas das cuestións máis problemáticas que a súa aplicación xera, incluíndo para iso referencias aos textos legais (fundamentalmente o EBEP) e as achegas doutrinais máis recentes. Nomeadamente, no que se refire as achegas da doutrina, o autor céntrase na análise de traballos publicados nos últimos cinco anos (dando por xa coñecidos os traballos publicados sobre a materia previamente e tendo en conta que os materiais aos que se alude xa recollen en boa medida todas esas achegas máis antigas) e de certa extensión.
Ao longo deste artigo, o autor trata cuestións de tanto interese nesta materia como a delimitación do persoal avaliable, a determinación das características que debe reunir todo sistema de avaliación do desempeño ou unha análise das conexións que da avaliación do desempeño no ámbito da relación xurídica de emprego público (a formación, a provisión de postos de traballo ou as retribucións complementarias ligadas a esta avaliación, entre outras) e faino ofrecendo un texto menos encorsetado do habitual, co obxectivo de ofrecer unha visión omnicomprensiva e práctica da materia.
No Comment! Be the first one.