O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública ven de publicar o documento titulado «Consenso por unha Administración Aberta». Trátase dun itinerario para a transformación da Administración pública, nunha contorna de complexidade e continuos desafíos, que obrigan a reforzar ás Administracións Públicas para garantir a cohesión social, a competitividade e os dereitos fundamentais […]
O conxunto das asociacións profesionais do subgrupo A1, temos realizado o esforzo de crear un sindicato que por primeira vez sexa quen de defender na mesa sectorial de empregados públicos as inquedanzas e problemas que afectan ao noso grupo. Estamos ante un fito histórico no que imos poder obter a representación necesaria para defender conxuntamente uns […]
Na tarde do venres 9 de novembro celebramos no Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública o acto de homenaxe polos 25 anos da publicación do nomeamento como funcionarios de carreira das persoas integrantes da promoción de 1993. O aniversario, organizado pola nosa Asociación, contou coa presenza do Presidente da Xunta de Galicia, […]
Hai 25 anos que foron nomeados funcionarios os integrantes da primeira promoción do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia logo de superar o proceso selectivo convocado no ano 1992. As 420 persoas que a conformaron contribuíron activamente a por en marcha a organización e o funcionamento da administración pública en Galicia. Por isto, […]
Segundo unha información aparecida no diario El País, os funcionarios/as do subgrupo A1 gañan 1.802 euros menos que os seus homólogos na Administración do Estado. Esta brecha é considerablemente maior respecto das demais autonomías sendo as que máis se amplia a diferenza Pais Vasco e Cataluña. A Asociación trata de promover a equiparación de dereitos tanto […]