O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública ven de publicar o documento titulado «Consenso por unha Administración Aberta». Trátase dun itinerario para a transformación da Administración pública, nunha contorna de complexidade e continuos desafíos, que obrigan a reforzar ás Administracións Públicas para garantir a cohesión social, a competitividade e os dereitos fundamentais da cidadanía.
A fase de consulta pública atópase aberta do 27 de marzo ao 30 de abril de 2024.
O documento está dividido en catro eixos estratéxicos e complétase cos obxectivos e os proxectos que se prevén desenvolver en cada un deles. Os catro eixos estratéxicos son:
-
Administración aberta ao investimento nas capacidades do sector público.
-
Administración aberta ás políticas públicas informadas pola evidencia e ás mellores ferramentas innovadoras.
-
Administración aberta á cidadanía, accesible e humanista.
-
Administración aberta á transparencia, participación pública e rendición de contas.
Nesta fase de consulta pública pódense realizar todas as achegas que se queiran facer para mellorar o texto do documento marco.
As achegas sobre o documento marco se canalizan a través do correo electrónico consenso@digital.gob.es
Existe máis información dispoñible na páxina do INAP.
No Comment! Be the first one.