A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 2 de abril ata 57 actividades de formación en materia de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos.
A formación está destinada, entre outras persoas, ao persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia.
A forma de impartición dos cursos é tanto en teleformación como mixto (teleformación e telepresenza).
Os cursos abranguen tanto os principais aplicacións de administración electrónica (SILEX, W@NDA, PLATION, FIDES, …), como a implantación da administración electrónica, a introdución a análise de datos ou ciberseguridade e protección de datos.
O prazo de matrícula comenzou o 3 de abril de 2024 e estará aberto ata as 14:00 horas do 12 de abril na área de matrícula da EGAP. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
No Comment! Be the first one.