A Xunta de Galicia abre o prazo para actividades de tempo libre no verán deste 2024. Entre os meses de xuño e setembro se desenvolverán diferentes actuacións entre as que están os “Campamentos en Galicia” así como intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
A Xunta de Galicia dispón dun total de 36 instalacións xuvenís para a época estival. Dentro dos programas de intercambios bilaterais, tamén se ofrece a posibilidade de realizar viaxes a Álava-Araba, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Castela-A Mancha, Madrid e Cantabria.
O prazo para a presentación de solicitudes comenza o día 17 de abril e estará aberto durante 10 días hábiles.
As solicitudes pódense presentar por vía telemática no procedemento habilitado ao efecto na sede electrónica da Xunta de Galicia que se corresponde cos códigos BS303A, BS303F, BS303G e BS303H, segundo a tipoloxía das persoas solicitantes.
Asemade, o límite de idade para cada actividade ven sinalada na propia convocatoria no anexo I.
No Comment! Be the first one.