A Xunta de Galicia ve de convocar axudas para a renovación de electrodomésticos en vivendas. Resulta subvencionable a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas por outros novos da mesma tipoloxía. No caso das encimeras, é subvencionable a substitución da encimera preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total (placas que teñan soamente tecnoloxía de indución, non mixtas). Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
Electrodomésticos subvencionables
- Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Lavadora A ou B (*)
- Lavalouzas A, B ou C
- Placas de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)
(*) Inclúe lavasecadoras a condición de que teñan unha cualificación para lavado A ou B.
Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas.
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50% para consumidores vulnerables e do 75% para consumidores vulnerables severos.
No Comment! Be the first one.