Estimados compañeiros/as
O pasado xoves tivo lugar a Asemblea Ordinaria anual da Asociación. Ademáis de aprobar a memoria de xestión e as contas do ano 2016, así como o orzamento para o ano 2017, chegamos aos seguintes acordos:
-
Modificar os estatutos para que non haxa periodo máximo de mandato como integrante da xunta directiva e a creación dunha xestora no caso de que non haxa candidaturas.
-
Manter a cota anual en 20 euros por persoa
-
Aprobar o regulamento de réxime interno.
Dentro das próximas semanas iremos anunciando as principais actividades que poñeremos en marcha no que queda de ano e que esperamos que sexan útiles e intresantes para todas as persoas asociadas. Entre as actuacións que iremos concretando teremos un obradoiro sobre procedemento sancionador ou a posta en marcha dunha páxina web e o deseño da nosa identidade corporativa.
Despois da Asamblea compartimos, de xeito máis informal, as nosas experiencias e reflexións sobre a situación do Corpo Superior.
En todo caso, dende a Xunta Directiva, invitamosvos a que fagades calesquera contribucións sobre actividades ou suxestións e que creades que poden ser útiles para todos as persoas asociadas.
Un saúdo.
A Xunta Directiva
No Comment! Be the first one.