Este mércores 25 de marzo desenvolvimos unha nova asamblea xeral oridinaria da Asociación. Como todos os anos fixemos un repaso aos obxectivos e logros acadados no ano 2025. Tamén expusemos os obxectivos e as accións que esperamos realizar durante este ano 2026.
Nesta ocasión o principal tema de atención foi a necesidade de colaboración co sindicato SEPGA cando teña que afrontar a elaboración das listaxes para as candidaturas.
Asemade aprobouse o balance das contas da Asociación do ano 2025 así como o orzamento para o ano 2026. Este ano 2026 non haberá cota anual da Asociación, xa que aínda está pendente de ser abonada a cota do 2025.
Por último, o proxecto estrela do ano foi a presentación da revista ReAcciona, pretende ser unha publicación profesional de calidade que contribúa á reflexión e á xeración de coñecemento sobre a Administración pública, as políticas públicas, así como , sobre o papel dos empregados públicos, e a contribución que, desde as distintas funcións e responsabilidades ofrecemos ao servizo público.

No Comment! Be the first one.