A EGAP ven de convocar no DOG o pasado 6 de xuño o Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma.
Os traballos poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais de calquera das administracións referidas. Ademais, a investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.
A convocatoria, dotada cun premio de 3.500 euros, vai dirixida a persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea.
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de outubro de 2018
Máis información en https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2862
No Comment! Be the first one.