Recentemente a Revista Vasca de Gestión de Personas y Organizaciones Públicas ven de publicar o artigo da catedrática Josefa Cantero Martínez titulado: “Los derechos digitales del empleado público ante las transformaciones tecnológicas y el uso de la ia en los procesos de gestión de personas”
Este intersante traballo busca analizar como as transformacións tecnolóxicas e o uso da intelixencia artificial (IA) na xestión do persoal afectan os dereitos dos empregados públicos. O xeito en que o marco legal actual, en opinión da autora, reaccionou de forma limitada, tardía e insuficiente, adaptando parcialmente algúns dereitos á contorna dixital, como o dereito á desconexión e á intimidade fronte a ferramentas como a videovixilancia ou a xeolocalización. O artigo sinala que aínda que estes «dereitos dixitais» foron incorporados en 2018 ao Estatuto Básico do Empregado Público, o conxunto normativo que regula este tema debe actualizarse para enfrontar os novos desafíos que expón a IA.
No Comment! Be the first one.