A Universidade de Vigo organiza unha xornada co título de Desafíos estratéxicos da contratación pública na era da 4.ª Revolución Industrial.
A xornada terá lugar en horario de mañán o próximo día 25 de febreiro de 2025 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da dita universidade.
O prazo de inscrición, que é gratuita, pode realizarse enviando nome, apelidos e correo electrónico a ssalvador@uvigo.gal .
Recibido o correo enviarase unha resposta confirmando a formalización da inscrición. Entregarase un diploma de asistencia ao final da xornada.
A xornada te como obxectivo afondar nalgunha das principais cuestións nas que a Intelixencia Artificial pode operar no ámbito da contratación pública, como a automatización de procesos, a toma de decisións ou a prevención da corrupción.
O programa pode consultarse nesta ligazón
No Comment! Be the first one.