O mércores 25 de marzo, como continuación da nosa asemblea anual, tivo lugar o acto de presentación da Revista ReAcciona. A revista é unha publicación editada pola Asociación grazas ao traballo dun grupo de persoas asociadas que se decidiron a sacar o proxecto adiante.
O acto estivo conducido polo presidente da Asociación e contou coas intervencións, en primeiro lugar, de Marta Vázquez Sanjurjo, en representación do Consello redactor, que explicou o xerme da revista e as ideas e datos que deron lugar a escolla dos temas tratados nos artigos.
En segundo lugar, Domingo Guerra Paris, autor dun dos artigos publicados, realizou unha breve pero clara explicación sobre como funciona a rendición de contas no ámbito local e o estado de situación da mesma respecto ao resto do Estado.
En terceiro lugar, o socio Luis Fernández Fuentes, expuxo como exemplo dunha boa práctica implantada no seu departamento a xestión do sistema de cita previa e atención á cidadanía nas oficinas de emprego da Xunta de Galicia.
Asemade destas intervencións proxectouse un vídeo de presentación doutro dos autores, Miguel Solano Gadea, que inicialmente tiña previsto conectarse; así como un fragmento da entrevista a Carles Ramió i Matas que puxo de manifesto unha dos grandes retos que encara a Administración Pública nestes tempos como é a cuestión demográfica.
O acto finalizou cun animado debate sobre algúns dos temas tratados polos relatores, que puxeron de manifesto a necesidade de mellora das administracións en múltiples aspectos de xestión e procedemento.
No Comment! Be the first one.