Onte xoves 21 de marzo tivo lugar a Asemblea xeral ordinaria da Asociación no Salón Manuel Colmeiro da EGAP en Santiago de Compostela.
O acto, que tivo unha duración aproximada dunha hora, desenvolveu a orde do día prevista con anterioridade.
Durante a asemblea foronse destacando os principais aspectos a destacar de cada un dos puntos da orde do día e da documentación remitida no seu día as persoas asociadas.
Examinouse a memoria de actividades do ano 2023, así como o estado da situación económica da asociación.
Aprobouse a cota para o ano 2024 que se mantén en 20 euros anuais cunha bonificación do 50% a aquelas persoas que estean afiliadas ao sindicato SEPGA.
Tamén se expuso o Plan de Actuación para o ano 2024 no que se espera dar un pulo as actividades da Asociación coa intencionalidade de ampliar o público ás que van dirixidas dentro das persoas asociadas.
O acto serviu de presentación da nova Xunta Directiva da Asociación resultado do proceso electoral convocado hai un mes e do que hai que salientar a sustitución da vogal Rebeca Arijón por Cándido Rial.
O punto final foi para as intervencións libres dos integrantes da Xunta Directiva e dos socios que quixeron participar.
No Comment! Be the first one.