Onte, xoves 30 de marzo, realizamos a nosa Asemblea Xeral Ordinaria. Como todos os anos tratáronse os temas que os nosos estatutos exixen para dar conta da actividade da Asociación ao conxunto das persoas asociadas.
A orde do día incluíu a aprobación da acta da Asemblea do 23 de marzo de 2022, o exame e aprobación da Memoria Anual de Xestión do ano 2022, o exame e aprobación da liquidación das contas do ano 2022 e o orzamento para o ano 2023; o debate e votación sobre a cota ordinaria do ano 2023 e da bonificación proposta; o exame e aprobación do Plan de Actuación da Xunta Directiva para o ano 2023 e unha rolda de intervencións libre.
O acto transcorreu con total normalidade e se aprobaron por asentimento unánime todas as propostas realizadas pola Xunta Directiva. Entre as principais decisións tomadas estivo a de manter a cota en 20 euros anuais cunha bonificación do 50% para as persoas asociadas que estean afiliadas ao sindicato SEPGA. Tamén se deu o visto bo á memoria de actividades do ano 2022 da Asociación que foi enviada no seu día a todas as persoas asociadas, así como o estado de ingresos e gastos dese período. Por último deuse aprobación ao Plan de Actuación para o ano 2023 e o orzamento necesario para a súa execución.
Durante a asemblea se destacou o novo enfoque da Xunta Directiva baseado en dar unha perspectiva máis social e menos reivindicativa, faceta para o que está máis encamiñado o sindicato SEPGA. As actuacións programadas para o ano 2023 teñen un claro fin de integración e consolidación do colectivo. Expresouse o desexo de facer máis e chegar a moitos/as máis, e de seguir fortalecendo a Asociación como punto de encontro e referencia para todo o colectivo.
No Comment! Be the first one.