Recentemente tivemos coñecemento da pretensión da Dirección Xeral da Función Pública de que as próximas OPE o sistema de selección por defecto para prazas de acceso libre sería o concurso-oposición. Rómpese a tradicional separación entre acceso libre por oposición pura e promoción interna con concurso-oposición. O obxectivo desta medida é evidente ao tratar de favorecer […]
A Fundación Galicia Europa convoca 20 prazas para unha actividade formativa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa. A edición deste ano desenvolverase entre os días 7 e 11 de outubro en Bruxelas. Neses días desenvolvese a Semana Europea das Rexións e das Cidades. A Fundación Galicia Europa asesorará e prestará apoio as persoas participantes para […]
O pasado 31 de maio publicouse no DOG o acordo da comisión bilateral de cooperación entre Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia. Este acordo está relacionado co inicio de negociacións para estudar o desenvolvemento da carreira profesional do persoal funcionario da nosa comunidade autónoma realizado na Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas […]
Dende AgrupA queremos dar a noraboa ao Sindicato de Empregados Públicos de Galicia (SEPGA) pola espectacular acollida recibida e por uns resultados que nos confirman que os funcionarios do Grupo A da Xunta de Galicia estamos por fin preparados para ter representación propia. Así, despois de todo o traballo levado a cabo polos compañeiros de […]
Como ben sabedes, o pasado 29 de marzo de 2019 publicouse no DOG DOG do 29/03/2019 a Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se publica o Acordo para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade […]
FEDECA anuncia a organización dun foro político sobre “O Estatuto do Directivo Público: unha necesidade inaprazable”. Este encontro terá lugar o próximo martes, 2 de abril, de 9.30 h a 11.30 h. na Sala Utopicus, de Príncipe de Vergara, 112 (Madrid). Neste primeiro Foro Político, FEDECA convida aos representantes dos principais partidos políticos a debater sobre […]
Nova convocatoria de vacantes de Expertos Nacionais Destacados ( SNE) publicada pola Comisión Europea con data de 19 de marzo de 2019. Os prazos límite de presentación de candidaturas son o 24/04/2019 e 27/05/2019 ás 11:00 h. A presentación de candidaturas faise a través de correo electrónico na seguinte dirección do M. Asuntos Exteriores e […]
O conxunto das asociacións profesionais do subgrupo A1, temos realizado o esforzo de crear un sindicato que por primeira vez sexa quen de defender na mesa sectorial de empregados públicos as inquedanzas e problemas que afectan ao noso grupo. Estamos ante un fito histórico no que imos poder obter a representación necesaria para defender conxuntamente uns […]