O Xurado do Premio de Investigación Agrupa 2019 acordou, por unanimidade das persoas que o integran, outorgar o primeiro premio D. Enrique Álvarez Romero polo traballo titulado “Regulación de los convenios de colaboración/cooperación en la legislación de la Comunidad Autónoma de Galicia”.
O xurado destaca a forza de síntese que ten o traballo e o seu carácter práctico, destacando o seu afán de servir como punto de partida para as reflexións que se poidan suscitar no día a día laboral. Nesa liña, o xurado entende que o autor prescindiu de disquisicións doctrinais que puideran provocar ao lector a perda de perspectiva do seu verdadeiro fin: ser de utilidade aos asociados como medio e apoio para a solución de dúbidas e como motivación para traballar nesta ou outras liñas de investigación.
Este carácter eminentemente práctico provoca que non sexa posible a publicación do traballo galardoado nunha das revistas editadas pola Escola Galega de Administración Pública, se ben o gañador recibirá un premio en metálico de trescentos euros (300 €) así como un diploma acreditativo de tal condición.
O Xurado tamén decidiu declarar deserto o segundo premio.
Dende a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior queremos dar os nosos parabéns a Enrique e invitarvos a todos á entrega do premio que se realizará xunto coa celebración da Asemblea xeral anual. Recordamosvos que este ano, ademais da memoria de xestión e o plan de actuación, levaranse a cabo eleccións para elexir á Xunta Directiva da nosa asociación.
No Comment! Be the first one.