Unha vez finalizado o prazo de presentación das solicitudes e dos traballos o 30 de setembro de 2019, e de conformidade co previsto nas base sexta da convocatoria do premio de investigación Agrupa, a través do que a nosa asociación pretende fomentar a elaboración de traballos de estudo e investigación sobre a lexislación e xurisprudencia aplicable a Galicia, o pasado 06/10/2019, o presidente da Asociación de Funcionarios do Corpo Superior, Pablo Amenedo Bermúdez, nomeou como membros do xurado, encargados do exame dos traballos presentados e de elaborar a proposta de adxudiación, a:
Presidenta: Dª. Elena González Fernández
Secretario: D. Sergio Domingo Baamonde Boquete
Vogal: D. Iván Meléndez Medela
Dáse coñecemento deste nomeamento con carácter previo á comunicación da valoración dos traballos entregados, feito que se levará a cabo antes do 30 de novembro de 2019 e lémbrase que no proceso de avaliación, o xurado terá en conta, como criterios de valoración: o interese, relevancia e carácter innovador do estudo; a calidade científica do traballo, o rigor metodolóxico, o emprego de fontes documentais e elaboracións de conclusións; a significación, utilidade e incidencia dos resultados achegados na teoría e/ou práctica administrativa e, por último, a corrección e claridade da expresión escrita, da exposición e da presentación xeral do traballo.
No Comment! Be the first one.