A EGAP ven de convocar como cada ano o Premio Manuel Colmeiro de investigación cientítica. Este premio xa chega a súa XXV edición e sirve recoñecer aqueles traballos de investigación inéditos e non premiados con anterioridade noutras convocatorias.
O obxecto do traballo é moi amplo e pode abarcar calquera estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes publicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma. Para iso pódese empregar non só perspectivas xurídicas ou administrativas se non tamén históricas, económicas, políticas ou sociolóxicas entre outras.
O Premio Manuel Comeiro está dotado económicamente este ano con 3.500 euros para o gañador (a repartir no caso de grupos de investigación) e implicará a edición pola EGAP da obra, no seu caso.
As condicións de presentación dos traballos e calquera cuestión relativa a esta convocatoria pode consultarse no Diario Oficial de Galicia o na páxina web da EGAP.
A presentación se realizará por medio electrónicos con carácter obrigatorio. O prazo de presentación remata o día 15 de outubro de 2022.
A Xunta Directiva da Asociación anima a todos os integrantes do Corpo Superior a presentar e dar a coñecer as súas obras individuais ou colectivas que poñan de manifesto os seus coñecementos sobre as materias administrativas.
No Comment! Be the first one.