A Xunta Directiva da Asociación acordou convocar unha nova edición do Premio de investigación Agrupa que ten como obxectivo fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre a lexislación e xurisprudencia que sexa de aplicación á nosa comunidade autónoma.
Poderán participar nesta convocatoria o persoal funcionario funcionario do corpo superior que estea asociado no momento de presentar a solicitude. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio, e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e apelidos da persoa ou persoas gañadoras deste.
O primeiro premio ten unha dotación de 350 euros e a posibilidade de que o traballo galardoado sexa publicado nunha das revistas editadas pola Escola Galega de Administración Pública, previa adaptación aos requisitos esixidos polas normas de publicación destas e se así o determina o seu equipo editorial. Tamén se lle entregará á candidatura gañadora un diploma acreditativo de tal condición.
O segundo premio ten unha dotación de 150 euros. O xurado poderá acordar o outorgamento de mencións especiais.
Os traballos serán orixinais, inéditos e non premiados con anterioridade. As condicións e estrutura dos traballos a presentar pódense consultar nas seguintes Bases Premio Investigación 2023
A presentación dos traballos debe ser obrigatoriamente por medio do envío dun correo electrónico ao enderezo corposuperior.santiago@xunta.gal debendo facer constar no asunto do correo o nome e apelidos da persoa participante así como a referencia ao Premio de Investigación Agrupa.
O xurado formado por tres persoas que se designarán no seu momento, terá en conta como criterios de valoración o interese, a relevancia e o carácter innovador do estudo; a calidade científica do traballo, o rigor metodolóxico, o emprego de fontes documentais e a elaboracións de conclusións, entre outros.
O prazo de presentación de traballos remata o día 30 de setembro de 2023.
Impreso de solicitude:
Versión odt: Solicitude para participar Premio Investigacion
Versión pdf: Solicitude para participar Premio Investigacion
No Comment! Be the first one.