Dende a Asociación queremos felicitar a unha das nosas socias, Marta Vázquez Sanjurjo, pola recente publicación dun artigo doctrinal na Revista da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia (REXUGA) núm. 7 do ano 2017 O artigo versa ten como título “O operador xurídico administativo ante as colisións entre norma estatal e autonómica. Cláusula de prevalencia […]
O plan de formación da EGAP publicado no DOG do 2 de xaneiro recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas Instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das […]
O pasado xoves presentouse na sede do INAP en Madrid a monografía “Nuevos tiempos para la función pública. Propuestas para atraer y desarrollar el talento en la Administración general del Estado”. Os autores deste libro, todos eles Técnicos Superiores da Administración Xeral do Estado, realizan un minucioso estudo da situación das principais cuestións que afectan […]
Segundo unha información aparecida no diario El País, os funcionarios/as do subgrupo A1 gañan 1.802 euros menos que os seus homólogos na Administración do Estado. Esta brecha é considerablemente maior respecto das demais autonomías sendo as que máis se amplia a diferenza Pais Vasco e Cataluña. A Asociación trata de promover a equiparación de dereitos tanto […]
Unha das maiores motivacións desta Asociación é a de colaborar coa Administración para o deseño dun plan de acción formativa que contribúa á mellora da nosa capacitación profesional. En tal sentido e co obxecto de poder presentar á Escola Galega de Administración Pública unha proposta de cursos para incluir no Plan de Formación Continua dos […]
A recente Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece, claramente, no 2º parágrafo do artigo 34.3, que resulta excepcional a provisión de postos con persoal que non ten a condición previa de empregado público (funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo ao servizo das administracións públicas). Enténdese que a xustificación […]
O pasado luns, día 16 de decembro de 2013, 25 anos despois da creación do Corpo, constituíuse a ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE FUNCIONARIOS DO CORPO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA. O acto de constitución tivo lugar no salón de actos da EGAP, comezando ás 17.20 h. Os promotores da Asociación fumos expoñendo a visión […]