A sentenza que presentamos hoxe é unha sentenza do Tribunal Supremo que resolve un recurso de casación contra unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. O recurso foi interposto pola Avogacía do Estado contra o Concello de Requena (Valencia) sobre unha base fáctica moi simple, o citado concello recibiu unha subvención con cargo […]
Inauguramos un novo apartado dentro da nosa páxina web no que periodicamente iremos colgando artigos, sentenzas, ligazóns a blogues, …. sobre temas que cremos que son de interese para un desenvolvemento adecuado da función pública en Galicia. Ao fío do alude de procesos selectivos que permitirán regularizar a situación temporal de moitas persoas, queremos expoñer […]
A páxina web do Poder Xudicial faise eco dunha rechamante sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que denega a indemnización a unha viandante que caeu nunha beirarrúa en mal estado no concello de Ferrol por non actuar “coa debida dilixencia”. A sentenza foi ditada pola sección primeira da Sala do contencioso-administrativo e […]
A Xunta Directiva da Asociación acordou convocar unha nova edición do Premio de investigación Agrupa que ten como obxectivo fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre a lexislación e xurisprudencia que sexa de aplicación á nosa comunidade autónoma. Poderán participar nesta convocatoria o persoal funcionario funcionario do corpo superior que estea asociado no momento […]
Como parte das actividades programadas pola Xunta Directiva para as persoas asociadas, o pasado venres 26 de maio realizamos a visita guiada ás cubertas da Catedral de Santiago. Esta actividade foi publicitada tanto na asemblea xeral como por medio de correo electrónico entre os socios/as. Aquelas persoas que asistiron tiveron a oportunidade de contemplar unhas […]
Onte, xoves 30 de marzo, realizamos a nosa Asemblea Xeral Ordinaria. Como todos os anos tratáronse os temas que os nosos estatutos exixen para dar conta da actividade da Asociación ao conxunto das persoas asociadas. A orde do día incluíu a aprobación da acta da Asemblea do 23 de marzo de 2022, o exame e […]
A EGAP convoca cursos para os empregados públicos da Administración xeral da Xunta de Galicia en materia de tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos. A convocatoria foi publicada no DOG do venres 17 de marzo e o prazo de matrícula está aberto dende o 18 ata o 27 de […]
A EGAP convoca os cursos de formación dirixidos ao perosal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Os cursos abranguen tanto aspectos xurídicos, xestión económica, persoal, procedemento administrativo, protección de datos e outros específicos das distintas consellerías. A convocatoria para os cursos de carácter xeral foi publicada no DOG de hoxe 10 de marzo . A […]
Pablo Amenedo Bermúdez foi recoñecido como empregado público innovador dentro da convocatoria do III Premio empregados/as públicos/as innovadores/as. O premio foi concedido polo proxecto “Mestres gandeiros” e competía dentro da categoría de Proxecto coa temática máis innovadora. A proposta gañadora foi presentada por un equipo formado por Encarnación Nieto e Pablo Amenedo, do Instituto de […]
A EGAP organiza un seminario sobre a remuda das administracións públicas, no que se pretende debater sobre a necesidade de renovación xeracional do emprego público como consecuencia das xubilacións masivas que xa se están producindo e que se producirán con maior intensidade nos próximos anos. Este seminario desenvolverase o xoves 24 de novembro de 12.00 […]